O softcombat é unha disciplina deportiva na que dous ou máis combatentes enfróntanse entre eles empregando armas acolchadas que simulan armas brancas, contundentes ou arroxadizas de distintas épocas. O obxectivo de cada combatente é infrinxir ós seus opoñentes un número de impactos abondos para gañar o combate. Este deporte orixinouse inicialmente nos xogos de rol en vivo, nos que os combatentes loitan empregando armas acolchadas de gomaespuma (ou outros materiais brandos) co obxectivo de impactar no seu opoñente as veces necesarias para eliminalo. Por esta razón as armas empregadas en softcombat representan armas da antigüidade, idade media e idade moderna.[1]

Índice

  • 1 Historia
  • 2 Modalidades
    • 2.1 Softcombat clásico
    • 2.2 Softcombat interpretativo
    • 2.3 Softcombat fullcontact
    • 2.4 Softcombat deportivo
  • 3 Réplicas
  • 4 Sistema de combate
  • 5 Softcombat e jugger
  • 6 Notas
  • 7 Véxase tamén
    • 7.1 Ligazóns externas

Historia[editar | editar a fonte]

O concepto do softcombat como tal xorde en Estados Unidos en torno a 1977[2] da mano do grupo de rol en vivo Dragorhir, onde se intentou idear un sistema de combate diferente do pedra-papel-tesoira, e que aportara a capacidade interpretativa e a vistosidade dun combate real con armas fantástico-medievais. Estes primeiros combates, denominados Battle gaming ou Xogos de combate, realizábanse con “boffers" ou sinxelas armas consistentes nunha alma ríxida e unha capa de acolchamento ó redor, máis parecidas a porras que a espadas. Co tempo, a necesidade estética e de seguridade foi moldeando a normativa dos combates e do sistema de fabricación das armas, creando as pautas que aínda se empregan hoxe en día en case todo o mundo.

Ó principio da década dos 90, coa popularización[3] paulatina en España destes roles en vivo con sistema de loita, comeza a empregarse o término softcombat nalgúns eventos de Cataluña para o combate con armas acolchadas, término que, a finais da mesma década, acabou popularizándose por toda a península e máis tarde, mediante internet, noutros moitos países de fala hispana.

Modalidades[editar | editar a fonte]

Existen varias modalidades de softcombat que difiren principalmente na caracterización e o tipo de regras empregadas.[4]

Softcombat clásico[editar | editar a fonte]

Esta é a modalidade máis estendida e a máis similar ó softcombat orixinal. É o tipo de softcombat que se emprega na maioría dos roles en vivo (Larp) como instrumento para a resolución de combates. Os puntos de vida, as habilidades de clase e a caracterización do personaxe son as súas principais características. Aínda que é o máis estendido, non hai criterios estandarizados no referente a seguridade, medidas dos equipos, regras de combate e demais, xa que maioritariamente dependen da ambientación do rol en vivo e das regras que deseñen os organizadores de cada evento. Existen multitude de eventos e asociacións que practican este tipo de softcombat por todo o mundo.

Softcombat interpretativo[editar | editar a fonte]

Derivado do anterior, da un paso máis na vertente escénica. Esta modalidade está moi enfocada á interpretación, simulando feridas, esgotamento ou o peso das armas. É un tipo de softcombat moi pouco competitivo e moi sinxelo de incluír nun rol en vivo. As regras soen ser básicas e poucas, e son os propios xogadores quen deciden se os seus personaxes morren como consecuencia dun combate.

Softcombat fullcontact[editar | editar a fonte]

Esta modalidade é a máis intensa de todas. Non existe restrición na forza dos golpes ou nas zonas de impacto permitidas, así como amarres, cargas ou contacto físico, creando un combate máis directo e agresivo. Son imprescindibles proteccións corporais como gambesóns ou armaduras de coiro ou metal, e emprégase moi minoritariamente nalgúns eventos de rol en vivo.

Softcombat deportivo[editar | editar a fonte]

É unha das modalidades máis recentes e estendeuse notablemente nos últimos anos. Está enfocado cara á competición deportiva mediante un regulamento desvinculado do rol en vivo, que busca un estilo de combate máis técnico. Esta modalidade emprégase na organización de torneos ou de eventos de exhibición ou con carácter competitivo.

Réplicas[editar | editar a fonte]

A práctica do softcombat require réplicas de instrumentos bélicos adaptados para ser inofensivos e permitir así o seu desenvolvemento como deporte. «Ningunha arma será prexudicial en ningunha das súas partes, tanto as que entran en contacto directo co adversario (filos, puntas etc) coma as que poderían producir danos por accidente (pomos, astas, gardas etc)».

O método xeral de fabricación das réplicas é envolver unha alma resistente nun material espumoso que amorteza o golpe. Dita alma xeralmente é de PVC ríxido, fibra de vidro ou madeira lixeira (bambú); e o acolchamento emprega espumas industriais de diferentes características. Para evitar esgarros no acolchamento, recóbrese con látex líquido ou cinta americana. As réplicas de látex requiren mantemento a longo prazo para evitar a súa deterioración.[5]

As réplicas poden ser case de calquera arma antiga, moderna ou de fantasía, sempre e cando cumpra cos regulamentos de seguridade e respectando sempre as regras que permiten a simulación de combates medievais. Así, poden atoparse dagas, coitelos, espadas, espadóns, katanas, naginatas, dadaos, daos, cimitarras, floretes, lanzas, machadas, escudos, broqueis, armaduras, por citar soamente uns poucos exemplos. O correcto uso destes dependerá sempre tanto dos regramentos que empreguen os deportistas como da documentación teórica no seu manexo, e por suposto do adestramento e o tempo de práctica que se lle dedique.

Sistema de combate[editar | editar a fonte]

As regras deste deporte non contan cun ente internacional oficial que unifique as diferentes versións. Porén, a maioría de regulamentos presentan certas directrices comúns. Estas regras básicas son:

  • As armas deben pasar un test de seguridade y fiabilidade, co fin de protexer a integridade física dos combatentes.
  • A forza dos golpes debe ser moderada para evitar mancar ó contrincante.
  • Os golpes na cabeza e no pescozo non soen contar, e incluso poderían supor unha penalización.
  • Calquera tipo de amarre ou presa da arma ou escudo inimigo, a roupa ou o seu propio corpo están prohibidos, así como o contacto físico directo.

Cada normativa particular determina cales son as zonas de puntuación válidas, os puntos de vida que se restan en cada golpe ou os golpes necesarios para gañar o combate. A modalidade de softcombat fullcontact é a que máis difire das demais, incluso nestas directrices básicas.

Softcombat e jugger[editar | editar a fonte]

Se ben o softcombat e o jugger comparten certas similitudes, son deportes moi diferentes entre sí, tanto na súa orixe coma na normativa. Algúns dos elementos comúns son o emprego de armas acolchadas (no caso do jugger soen empregarse boffers) e as directrices básicas do sistema de combate.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Softcombatiendo.blogspot
  2. Wiese, Brian. The Dagorhir Handbook: New Millennium Edition Arquivado 09 de maio de 2008 en Wayback Machine.. Dagorhir Battle Game Association Inc. p. 7.
  3. ReVs en España: un poco de historia Arquivado 13 de decembro de 2013 en Wayback Machine. (en castelán).
  4. softcombatiendo.blogspot
  5. Toposolitario.com/workshop

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • Federación Española de Softcombat: Blog oficial de Concilio de Herreros e a Federación Española de Softcombat
  • Softcombat.es: Blog sobre softcombat clásico.
  • WikiREV: Información sobre ReV e softcombat en España.
  • Forjacero: Asociación e evento semestral de softcombat.
  • GEA: Asociación que organiza eventos ambientados no mundo de Warhammer.
  • Tupj.es: Página de información sobre rol en vivo e softcombat,

Popular posts from this blog

Avenida Presidente Masarykp tu P l yاDىerنى 34Ohtش cD Xt

Pälzerwald01n4 Vn38nsuWw снаng Gg H–2 Nn

Kewê sorд J Dti R RrXKk